viernes, 7 de mayo de 2010

ORIXE DE ICOS


A orixe de ICOS remóntase ó ano 1977 coa creación da Cooperativa CHATACA, situada onde actualmente está ICOS. A iniciativa da súa creación tivérona un grupo de gandeiros que pretendían comercializar o seu leite a mellor prezo, vendéndoo a unha mesma fábrica. Nun principio tan só había 8 gandeiros dispostos a crear a cooperativa, pero non se formou ata que foron 15. Ademais das subvencións que recibiu tanto do goberno como da xunta, os socios aportaron nun principio un capital inicial de 50.000 ptas, cada vez que se unia un socio debía pagar esta cantidade. A cooperativa foi medrando e en 1988 fíxose unha ampliación do capital social, os socios volveron aportar unhas 25.000 ptas. Neste momento foi cando se construíron os almacéns que ten agora ICOS.

O 9 de novembro do 2000 a Asamblea Xeral da cooperativa pon sobre a mesa o proxecto de ICOS. A idea surxe dos dirixentes das catro cooperativas que se fusionan para dar orixe a ICOS, posto que as explotacións agrogandeiras e as cooperativas das que forman parte están inmersas nun marco socio-económico e político moi dinámico no que se están operando importantes cambios ós que teñen que responder, como as políticas comunitarias da PAC, a maior competitividade coa liberalización dos mercados, a crecente demanda da seguridade alimentaria coa trazabilidade dos productos e as políticas sanitarias, a proliferación de grandes grupos empresariais mais competitivos e a paulatina desaparición de explotacións gandeiras e axudas públicas.

As catro cooperativas son semellantes en canto á actividade que realizan, o funcionamento, as necesidades e os obxetivos, polo que se integraron debido a que individualmente é moi difícil sortear con éxito os atrancos cos que se atopaban nese momento: reducido número de socios, dificultades económicas para manter a empresa e pouca capacidade para afrontar as necesarias transformacións, así pois, conxuntamente é mais doado acadar os obxetivos. A integración permitiu sumar e complementar os esforzos e crear unha economía de escala para mellorar a atención ós socios, mellorar a especialización e reducir o coste dos servizos para así, poder aumentalos. Os principais obxetivos que pretendían conseguir coa nova sociedade era a mellora da productividade agraria, a mellora da calidade de vida, fixar poboación no rural, dar importancia á formación dos gandeiros e fomentar unha producción que respete o medio.

No momento da súa creación o número de socios era de 867, cunha idade media de 46 anos. 445 explotacións estaban a nome de homes e 413 a nome de mulleres, as 14 restantes eran levadas por sociedades. Na actualidade o número de socios tende a disminuir, pero as explotacións medraron e fixéronse mais productivas.
Icos aguanta a crise a pesar de caer case un 30% a súa facturación.

Despois da fusión ICOS, ademais da recollidade de leite, ofrece ós seus clientes técnicas de mellora da calidade a través de técnicos expertos, xestión das cuotas lácteas, comercialización do leite a través de COLAGA, unha tenda agraria, taller mecánico, veterinarios, servizo de sustitución, maquinaria de todo tipo e supermercados, todos estes servizos organizados de tal forma que non se solapen. A sí pois, o persoal da cooperativa ascende a 81 empregados ( 4 en Carballedo, 55 en Chantada, 11 en Taboada e 11 en común), polo que se converte na empresa mais potente de toda a comarca.
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Debemos comentar tamén que ICOS ten diversos proxectos con outras cooperativas como a Fabrica de pensos AIRA, ICOS pechou as súas fábricas de pensos en 2005 e merca o penso a esta fábrica xa que desta forma é mais rentable. Tamén está asociada con grupos de compras da cooperativa DELAGRO e con COLAGA para a comercialización do leite, así como con cooperativas de enerxias renovables.

Así pois, ICOS converteuse nunha cooperativa nova con experiencia e obxetivos claros e ben definidos, que se atopa en expansión tras a fusión. Ten razón de ser nos socios e ten por finalidade proporcionar os servizos, aprovisionamentos e mercados necesarios para o desenvolvemento das súas explotacións. Na actualidade estase tendando diversificar o mercado e non depender só do leite, estanse creando seccións de carne, horta ou viño, aínda que son proxectos que están comezando, os resultados veranse a longo prazo.

«Icos foi pioneira no cooperativismo en Chantada e soubo seguir mellorando» Xosé Vázquez Portomeñe

domingo, 25 de abril de 2010

NACEMENTO DE ICOS


A economía chantadina esta baseada no sector agrícola e gandeiro. Pouco a pouco foise especializando no sector gandeiro, sobre todo a partir dos anos 70. A finais do século XX comezaron a proliferar os movementos asociativos para poder lograr maiores vantaxes para os gandeiros. Un claro exemplo disto é a cooperativa da que estamos falando. ICOS naceu o 26 de decembro de 2000, constituíuse tras a fusión de catro cooperativas que anteriormente se coñecían como CHATACA e COOFARO, situadas en Sobreira e Centulle respectivamente, no municipio de Chantada. MEDELA, en Taboada e CODIPROGA en Carballedo. A sede situouse en Sobreira, posto que CHATACA contaba co maior número de socios e posuía os principais servizos.
Ademais do transporte e comercialización do leite, a cooperativa conta con fábrica de pesos propia, servizos veterinarios, servizos técnicos de campo, servizo de sustitución ( que consiste en dous técnicos que son contratados para realizar as tarezas do gandeiro cando este ten algunha urxencia), taller mecánico, todo tipo de maquinaria a disposición dos socios e supermercados en todos os centros.
A cooperativa posúe na actualidade un total de 867 socios, a estes hai que sumar os 286 clientes, polo que a xente vinculada á sociedade ascende a 1.157 clientes, polo que se converte nunha das asociacións de gandeiros mais fortes de Galicia.

SITUACIÓN


ICOS esta situada na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Ademais do municipio de Chantada, ten centros en Taboada e en Carballedo. Pero a súa influencia chega ata Monterroso, Antas de Ulla, O Saviñao ou Portomarín, de onde son moitos dos seus socios.