domingo, 25 de abril de 2010

NACEMENTO DE ICOS


A economía chantadina esta baseada no sector agrícola e gandeiro. Pouco a pouco foise especializando no sector gandeiro, sobre todo a partir dos anos 70. A finais do século XX comezaron a proliferar os movementos asociativos para poder lograr maiores vantaxes para os gandeiros. Un claro exemplo disto é a cooperativa da que estamos falando. ICOS naceu o 26 de decembro de 2000, constituíuse tras a fusión de catro cooperativas que anteriormente se coñecían como CHATACA e COOFARO, situadas en Sobreira e Centulle respectivamente, no municipio de Chantada. MEDELA, en Taboada e CODIPROGA en Carballedo. A sede situouse en Sobreira, posto que CHATACA contaba co maior número de socios e posuía os principais servizos.
Ademais do transporte e comercialización do leite, a cooperativa conta con fábrica de pesos propia, servizos veterinarios, servizos técnicos de campo, servizo de sustitución ( que consiste en dous técnicos que son contratados para realizar as tarezas do gandeiro cando este ten algunha urxencia), taller mecánico, todo tipo de maquinaria a disposición dos socios e supermercados en todos os centros.
A cooperativa posúe na actualidade un total de 867 socios, a estes hai que sumar os 286 clientes, polo que a xente vinculada á sociedade ascende a 1.157 clientes, polo que se converte nunha das asociacións de gandeiros mais fortes de Galicia.

SITUACIÓN


ICOS esta situada na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Ademais do municipio de Chantada, ten centros en Taboada e en Carballedo. Pero a súa influencia chega ata Monterroso, Antas de Ulla, O Saviñao ou Portomarín, de onde son moitos dos seus socios.