domingo, 25 de abril de 2010

NACEMENTO DE ICOS


A economía chantadina esta baseada no sector agrícola e gandeiro. Pouco a pouco foise especializando no sector gandeiro, sobre todo a partir dos anos 70. A finais do século XX comezaron a proliferar os movementos asociativos para poder lograr maiores vantaxes para os gandeiros. Un claro exemplo disto é a cooperativa da que estamos falando. ICOS naceu o 26 de decembro de 2000, constituíuse tras a fusión de catro cooperativas que anteriormente se coñecían como CHATACA e COOFARO, situadas en Sobreira e Centulle respectivamente, no municipio de Chantada. MEDELA, en Taboada e CODIPROGA en Carballedo. A sede situouse en Sobreira, posto que CHATACA contaba co maior número de socios e posuía os principais servizos.
Ademais do transporte e comercialización do leite, a cooperativa conta con fábrica de pesos propia, servizos veterinarios, servizos técnicos de campo, servizo de sustitución ( que consiste en dous técnicos que son contratados para realizar as tarezas do gandeiro cando este ten algunha urxencia), taller mecánico, todo tipo de maquinaria a disposición dos socios e supermercados en todos os centros.
A cooperativa posúe na actualidade un total de 867 socios, a estes hai que sumar os 286 clientes, polo que a xente vinculada á sociedade ascende a 1.157 clientes, polo que se converte nunha das asociacións de gandeiros mais fortes de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario