viernes, 7 de mayo de 2010

ORIXE DE ICOS


A orixe de ICOS remóntase ó ano 1977 coa creación da Cooperativa CHATACA, situada onde actualmente está ICOS. A iniciativa da súa creación tivérona un grupo de gandeiros que pretendían comercializar o seu leite a mellor prezo, vendéndoo a unha mesma fábrica. Nun principio tan só había 8 gandeiros dispostos a crear a cooperativa, pero non se formou ata que foron 15. Ademais das subvencións que recibiu tanto do goberno como da xunta, os socios aportaron nun principio un capital inicial de 50.000 ptas, cada vez que se unia un socio debía pagar esta cantidade. A cooperativa foi medrando e en 1988 fíxose unha ampliación do capital social, os socios volveron aportar unhas 25.000 ptas. Neste momento foi cando se construíron os almacéns que ten agora ICOS.

O 9 de novembro do 2000 a Asamblea Xeral da cooperativa pon sobre a mesa o proxecto de ICOS. A idea surxe dos dirixentes das catro cooperativas que se fusionan para dar orixe a ICOS, posto que as explotacións agrogandeiras e as cooperativas das que forman parte están inmersas nun marco socio-económico e político moi dinámico no que se están operando importantes cambios ós que teñen que responder, como as políticas comunitarias da PAC, a maior competitividade coa liberalización dos mercados, a crecente demanda da seguridade alimentaria coa trazabilidade dos productos e as políticas sanitarias, a proliferación de grandes grupos empresariais mais competitivos e a paulatina desaparición de explotacións gandeiras e axudas públicas.

As catro cooperativas son semellantes en canto á actividade que realizan, o funcionamento, as necesidades e os obxetivos, polo que se integraron debido a que individualmente é moi difícil sortear con éxito os atrancos cos que se atopaban nese momento: reducido número de socios, dificultades económicas para manter a empresa e pouca capacidade para afrontar as necesarias transformacións, así pois, conxuntamente é mais doado acadar os obxetivos. A integración permitiu sumar e complementar os esforzos e crear unha economía de escala para mellorar a atención ós socios, mellorar a especialización e reducir o coste dos servizos para así, poder aumentalos. Os principais obxetivos que pretendían conseguir coa nova sociedade era a mellora da productividade agraria, a mellora da calidade de vida, fixar poboación no rural, dar importancia á formación dos gandeiros e fomentar unha producción que respete o medio.

No momento da súa creación o número de socios era de 867, cunha idade media de 46 anos. 445 explotacións estaban a nome de homes e 413 a nome de mulleres, as 14 restantes eran levadas por sociedades. Na actualidade o número de socios tende a disminuir, pero as explotacións medraron e fixéronse mais productivas.
Icos aguanta a crise a pesar de caer case un 30% a súa facturación.

Despois da fusión ICOS, ademais da recollidade de leite, ofrece ós seus clientes técnicas de mellora da calidade a través de técnicos expertos, xestión das cuotas lácteas, comercialización do leite a través de COLAGA, unha tenda agraria, taller mecánico, veterinarios, servizo de sustitución, maquinaria de todo tipo e supermercados, todos estes servizos organizados de tal forma que non se solapen. A sí pois, o persoal da cooperativa ascende a 81 empregados ( 4 en Carballedo, 55 en Chantada, 11 en Taboada e 11 en común), polo que se converte na empresa mais potente de toda a comarca.
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Debemos comentar tamén que ICOS ten diversos proxectos con outras cooperativas como a Fabrica de pensos AIRA, ICOS pechou as súas fábricas de pensos en 2005 e merca o penso a esta fábrica xa que desta forma é mais rentable. Tamén está asociada con grupos de compras da cooperativa DELAGRO e con COLAGA para a comercialización do leite, así como con cooperativas de enerxias renovables.

Así pois, ICOS converteuse nunha cooperativa nova con experiencia e obxetivos claros e ben definidos, que se atopa en expansión tras a fusión. Ten razón de ser nos socios e ten por finalidade proporcionar os servizos, aprovisionamentos e mercados necesarios para o desenvolvemento das súas explotacións. Na actualidade estase tendando diversificar o mercado e non depender só do leite, estanse creando seccións de carne, horta ou viño, aínda que son proxectos que están comezando, os resultados veranse a longo prazo.

«Icos foi pioneira no cooperativismo en Chantada e soubo seguir mellorando» Xosé Vázquez Portomeñe

4 comentarios:

  1. Está claro que na actualidade, nun entorno marcado pola globalización das políticas e do comercio en todos os sectores ( e neste caso, nun sector como é o agrario en Galicia) compren iniciativas como a de ICOS que xestionen colectivamente os intereses dos gandeiros e agricultores, loitando pola defensa dos seus dereitos e favorecento iniciativas de modernización e adaptación a un entorno cambiante e difícil nos últimos tempos. En particular na comarca chantadina e arredores, no que a maior parte da poboación activa ou ben se adica a actividades de explotación gandeira ou ben a empresas doutros sectores que dependen directa ou indirectamente das primeiras. E neste senso, hai que recoñecer a importante laboura dunha cooperativa que aune esforzos, tanto a nivel de coñecementos e de xestión dos intereses comúns do sector na comarca, como a nivel de instalacións e medios técnicos e humanos, así como de dinamización de emprego directo e indirecto na citada comarca galega.

    ResponderEliminar
  2. Non hay dúbida de que o coperativismo é unha maneira moi efectiva de loitar cas grandes marcas. Penso que a cooperativa ICOS debería apostar pola comercilización directa dos seus productos para así gañarlle todo o valor engadido ó producto.

    ResponderEliminar
  3. Pero o rural actual non é o mesmo de fai 20 anos. Como ve isto Icos? cales son a fortalezas e debilidades de Icos? a industria do leite galega é competitiva? onde está o mercado? quenes son os competidores? o prezo do leite que recibe o productor é xusto? A diversificación cara viño e a horta, como? A agricultura industrial está moi desenvolvida e é altamente competitiva en toda Europa; creo que deberiamos reflexionar sobre a reinvención do rural galego!

    ResponderEliminar
  4. Evidentemente que o rural galego cambiou nos últimos anos, e isto é algo que non é alleo a Icos. Por este motivo se proxectou a fusión entre as 4 cooperativas, para facer fronte á concentración empresarial que se está levando a cabo na actualidade. Deste xeito poderán ser mais competitivos, vender unha maior cantidade de leite e obter uns maiores beneficios para satisfacer as necesidades dos socios. Os grandes problemas ós que ten que facer fronte a cooperativa son fundamentalmente a paulatina desaparición de explotacións gandeiras, sobre todo as de menor tamaño, que debido a que os prezos do leite son moi baixos, non son rentables. Isto é provocado pola forte competitividade á que se enfronta o sector a nivel europeo. Son explotacións altamente cualificadas e motorizadas que poden vender o seu produto a prezos moi baixos, o que resulta altamente competitivo en comparación co leite producido en Galicia que para resultar rentable o prezo ten que ser maior. Todo este proceso da lugar a que en Icos a medida que desaparecen explotacións pequenas, as mis grandes estanse vendo revitalizadas e seguen medrando, pouco a pouco vanse mecanizando e producindo cada vez mais.
    Aínda así, está claro que o prezo que o produtor recibe polo leite non é xusto, o valor engadido é moi alto en comparación co que se lle paga ó gandeiro. Polo tanto, quen se beneficia son os intermediarios. Neste sentido, Icos debería intentar comercializar directamente o leite e non utilizar un intermediario que o distribúa. Por outra parte, a cooperativa tenta tamén diversificar o mercado e non depender só do mercado leiteiro, polo que se orienta cara o mercado do viño e varios produtos de horta. Son proxectos que está comezando, pero o que tentan é asesorar ó agricultor sobre todos os aspectos relacionados coa actividade e proporcionarlle todos os materiais para levalo a cabo, como sementes, maquinaria, abonos... e logo orientalos ó mercado. Os produtos de horta son vendidos na súa maior parte nos supermercados da cooperativa, e incluso en algúns casos son os mesmos produtores quen venden directamente as hortalizas. Isto fai que se careza de intermediarios, que o valor engadido recaia no produtor e que os compradores teñan a certeza de que produto están comprando.

    ResponderEliminar